Avatar udcerqueda

Comunicado do Presidente do Cerqueda ó Concello de Malpica

Estamos a comezos da nova tempada e o Concello de Malpica segue sen remediar o conflito que temos cos adestramentos dos venres.
Un concello, que se pode dicir, privilexiado, xa que conta con dous campos de herba artificial, campos cunhas instalacións de vestiarios e iluminación, modélicas nas que se investiron na última década moitos centos de miles de Euros de diñeiro publico.
A pesares da divulgación da noticia no Depor Sport e a indignación de todos os membros deste club parece que o Alcalde segue mudo neste tema.

As declaracións da Concelleira “O Cerqueda pide o máis lóxico e natural do mundo. Dende o Malpica e o Buño non queren ceder, non entendo o seu enroncamento”.

Como directivo deste club, vin pasar moitos concelleiros de deportes, pero ningún deles tivo os arrestos de facer unhas declaracións públicas dando a razón a unhas peticións lóxicas, e abordando un tema tabú no concello, como e a xestión do uso e disfrute dos campos municipais de fútbol,sempre respectando a prioridade dos clubs que a teñen concedida.

Só dicirlle a Luis Porto, que ten un blog de información da S.C.D. Malpica , que con todo o meu cariño, o único indocumentado neste asunto, e el, polo tanto pediríalle que se informe en boas fontes e despois fale ou escriba.

Non sabemos canto tempo tardará o concello en remitirnos unha resposta. Mentres tanto intentamos expresar a nosa indignación con pancartas como estas pegadas polo pobo.

_____________________________________________
U.D CERQUEDA




On August 27 2009 19 Views



Avatar faty_ckd

faty_ckd On 31/08/2009

arrriba cerQUedaa!!
se fai falta qe vaian os veciños protestar,,avisade eh!!jeje
bicOos




udcerqueda

Favorite
udcerqueda

unknown - 01/01
73 Photos
Cerqueda, Galicia, Spain




Loading ...