Xa estamos de cheo nesta nova tempada e comenzamos actualizando páxina xa na segunda xornada en donde o partido disputado onte, día 13 en Pedra Queimada estivo bastante reñido por ambos equipos con un resultado de Cerqueda 1 - Dumbría "B" 3.
O primeiro gol tanto para o equipo do Cerqueda tirado por Iván,como polo Dumbría foron de penalti.O Cerqueda estivo en todo momento cerca do empate ata que se produxo o último gol nos últimos minutos do equipo visitante.
Xa na primeira xornada en Camariñas contra o Muxía o Cerqueda non pudo conseguir ningún tanto para eles, adiantándose o equipo do Muxía,obtendo como resultado Muxía 1- Cerqueda 0.
O equipo Cerquedán consegue así o seu primeiro gol da tempada nesta segunda xornada e non cesa no intento en seguir buscando a portería para alcanzar a súa primeira victoria.
Ben entrañable foi tamén a homenaxe que se pode ver arriba nas fotos na que todo o equipo do Cerqueda da man do seu presidente quixo festexar onte uns minutos antes de disputarse o partido a certos xogadores entregandolles así unha placa de recoñecemento a cada un deles pola súa labor durante anos en U.D Cerqueda.Unha homenaxe que sería meritoria para todos os xogadores pero sobre todo para éstes.Agradecementos a Dani, Uru, Dieguito, Nión e Rober que levan tantos anos da man deste clube.
Esperemos que en próximos partidos se vexa maior resultado,esperamos a victoria.
Novas fotos e comentarios no noso tuenti udcerqueda de sempre e se queres ver o primeiro penalti do Cerqueda pásate http://www.youtube.com/watch?v=WVke7MeAD5o
Próximo partido_ Club do Mar de Caión vs U.D Cerqueda
______________________________
U.D CERQUEDA
On September 14 2009
37 Views