Todos van contentos polo mundo
Mundos queren
nos alicerces de piltras tremorosas,
cadaleitos dos soños
Moito piden
para o moito que non dan conta
Dos ríos, das leiras, das loiras...
Das galegas machas liberadas
que lindan panos de cobiza,
panos húmidos doutras mulleres
que a máis que laien élles morriña
Disque no Ano do gato, foi que descín
rabuñando votos de fé
De fé cara tódalas mais alleas
que acollen as pedras das que caen os folgos
Dos agarimos do herói que as pecha todas
no amor da patria
Polo vieiro da noite, entre os cabelos suaves...
Do grande orgullo do caldo
que sobra do día á mañá, xermola
a sabedoría en pratos fríos
O refraneiro dos dicires
que abafan gráciles línguas
Que falan verbas afóra
gardando as queixas no peto
Enchidas de carne e ledicia
saímos do ventre, rolamos no monte
No tobo onde xacen pólvoras
estala a sobra do xenio inexplicábel
sen que se bote do alto un paxaro,
un pano, un bocexo
Pechado o lar aceso
afogarán os gatos bastardos
e erixirán as bestas un murmurio,
un murmurio de bravura apestada
de podremias vellas dun arcaico atallo
Afeitos á estela da sentida ausencia
Sendo daquela unha ánima mansa
a que calmou meu corazón,
rematou o meu Ser no alto, vixiante
de almas outras traballando
en pequenos cousos da vida ao xeito
Sen dar a basto en nomes
de moito que esixe o mundo
eu miaño na imaxe e quedo coa cor
sendo que quen for de me achar
acabáramos en proletariado:
A alimentar rúas no canto do buche,
a pedir cartos no canto da man...
Sendo todo un grande home
que pranta pobos así coma árbores
e alegra o día sen non ser tempo.
On January 25 2012
148 Views
crystaal_castles
Este grupo esta hecho para postear solamente fotos del duo CRYSTAL CASTLES !
Soy Nicolas Malaisi mi fotolog es /pensaaenveerdee
paris_france
Paris the city of light! One of the most romantic and historic places in the world.