Hoxe fanse 5 anos daquel 19/02/06 no que comezou Fotos Galiza.
Daquela, o proxecto tiña poucas pretensions, xa que só estaba destinado a encher un baleiro que existia na rede: un sitio onde poder ver de xeito ordenado imaxes do noso pais e abranguendo non só os lugares mais coñecidos, senón tentando de achegarnos aos recunchos mais agochados da nosa terra. Esas pretensions logo foron medrando da vosa propia man, aportando fotos e mais comentas e experiencias. O voso aporte de milleiros de fotos (si, milleiros, ainda que non todas estean publicadas) e a constancia en subilas, fixo que ao longo dos meses o fotolog se transformase no fotolog mais popular de Galiza, polas suas visitas, repercusións, e cantidade de 'amigos virtuais'.
Sen embargo, o mundo e os programas das redes virtuais coñecen tempos de sona e de esquecemento. Hoxe en dia, a cantidade de xente que utiliza o fotolog esmoreceu moito, polo tanto velaí a decisión de, non pechalo para que os que non teñan facebook podan seguir vendo as fotos, mais seguir polo facebook. Podedes buscalo pola seguinte dirección: fotosgaliza@yahoo.es
Como diciamos no flog, 'este é un sitio onde vós enviades as vosas fotos de Galiza. A finalidade: redescubrirmos os recunchos que fan a nosa terra tan especial e así reafirmar ou recuperar o orgullo de pertencer a ela en todos os eidos que iso implica'.
Moitisimas grazas a todos os que participastes deste proxecto nestes 5 anos de Fotos Galiza!
Espero que teña sido e sexa tan grato como para min construilo!
Saúdos!
On February 19 2011
467 Views
luaceltafoto
On 26/02/2011
felicidades por unha parte, e por outra e unha pena que outro se vaia a facebook!!!!!!!!
un menos!
non vexo a razon por non continuares este pero bueno, sorte!