Avatar fiestra_baldeira

Hoxe pecho a fiestra

Luns. 20:55 p.m. Todo ten un comezo e un final e o desta fiestra non ía ser menos. Despois de moito tempo aberta hoxe decidín pechala e non sei moi ben o por que. Supoño que o pouco tempo de actualizar e as poucas cousas que contar fan que deixe de mirar a través dela. Pero tamén é un cambio. A través destas páxinas construídas con números binarios plasmei sentimentos, visións, anécdotas e falei con xente coa que normalmente non o fago en persoa. Supoño que iso é o paradoxo das redes sociais XD.
Hoxe estaba decidido a pechala por completo pero alguén me dixo que non. Penseino, e caín na conta de que o día de mañá (literalmente tamén) queira mirar o que pensaba con 18 anos ou mesmo queira comentar algunha actualización coa miña firma. Así que, pechada queda pero cunha pequena fisura pola que poida asubiar o vento. Nunca direi que desta auga non beberei e case podo asegurar que algún día especial poida volverse abrir esta fiestra, aínda que sexa para airear o ambiente. Así é todo, hoxe poño fin a este fotolog pensando en botarlle man se algunha vez esquezo quen fun. Grazas aqueles que aturáchedes as miñas palabras e ata sempre. Un saúdo e unha aperta a tod@s.





On December 08 2008 509 Views



Avatar mishae

mishae On 21/12/2008

Muchísimo!!!

:)


Avatar yadenis

yadenis On 09/12/2008

ricardoo NOOOOOOOOOO, no cierres el fotolgo, es como querer borrar algo de tu vida pasada, una parte de tí, de las fotos que tú miso sacaste, con qué finalidad y sobre lo que escribiste en su momento sobre lo que sentias o pensabas!!! no lo cierres, quizás estés un poco cansado de él y no querer actualizar ( a mi ultimamente me pasa y solo lo hago cuando siento la necesidad de escribir). No cierres las puertas, menos estas "fiestra" en la que muchos pudimos comentar y leer lo que ofrecías, deja que corra un poco el aire, no la ahogues!! ;)


un besazo enorme desde polonia


Avatar vaipolasombra

vaipolasombra On 09/12/2008

De tódolos xeitos pasarei por aquí cada mañá por se decides abrila...
por se houbese algún furadiño para poder "ghuspiar"...

e mentras tanto...

Bicosmil dende o meu val.


Avatar aver_oh

aver_oh On 09/12/2008

menos mal oh!!!

xa estaba eu farto de aturar o teu fotolog!!!

jajaj

é coña!! bueno ti non o peches de todo!!!! fai un cese temporal da convivencia... jaja k a palabra divorcio soa mal!!!

pero espero k algún día se volva a abrir esa fiestra aínda k sexa só para comentarme!!! xDDDD


Avatar sanxes88

sanxes88 On 09/12/2008

un besazo rixard q te vay bn unbikiño y en navidades tenemos una qdada pendiente q vienpaulaaa joj besitussss


Avatar quevivajapon

quevivajapon On 09/12/2008

Foi un pracer :)


Avatar danielinho_89

danielinho_89 On 08/12/2008

jová!!! se decidido o tes por algo será, boa sorte, pois!

E recorda, sempre hai rendixiñas polas que non só entrará algo de vento senón que aparecerán esas tímidas raiolas de sol que sempre veñen de vez en cando, aínda que só sexa para poder xogar coas sombras que se proxectan entre as minúsculas partículas de pó do aire...

Unha aperta grande nesta "última" fiestra aberta!!!


Avatar mishae

mishae On 08/12/2008

Cierras!!
Te vas d este mundo fotologero
xq?
aunq no actualizes mucho, no es motivo para irte!
x lo menos m alegra saber q lo dejas abierto, para q te podamos escribir y q tu cuenta la emplees pa escribirnos a nosotros!

Besiños


Avatar ventoferido

ventoferido On 08/12/2008

...fisura pola que poida asubiar o vento.

Gústame como escribes pequeno xornalista :)

unBico


Avatar bordadita

bordadita On 08/12/2008

Alégrame que non a peches de todo...:)

Non che direi "pero que fas! non deixes de actualizar" porque por moito que me guste lerte e ver as paranoias que pos....xa sabesmos que estas cousas co tempo...raian..xDD...
Tamén direi que sei a verdadeira razón pola que a pechas: porque es un puto viciado do tuenti...e non podes soportar un cúmulo tan grande de redes sociais...ajaj

[espero que te unas ó facebook tamén...agora que xa tes unha carga menos....]

Aínda que non volvas actualizar seguirei chamándote "Fiestra"...





Loading ...