Avatar donadeningures

I am a dreamer...



Houbo um día que pensei que estaría bem adicarse a elaborar teorías metafísicas sobre a xente. Ou á intentar conhecer a mente humana coma unha esencia pura e primitiva, despoxada de todo condicionamento. Cría nalgo así como na maxia das persoas.

Reconhezo que me gustan os contos de fadas e as historias de amores imposibles. Reconhezo que busco cunha intensidade titánica a intensidade inexistente das cousas. Esa paixón que idealizo nos ollos da xente.
Admito ser unha sonhadora sem remedio. Sei que som unha idealista de merda.


Som consciente de que som cabezona, testaruda e de que tenho unha habilidade asombrosa para ilusionarme. De que divago durante horas nalgún torbellino de cores ata perderme no País das Maravillas e deixar a um lado a realidade. Que nom som capaz de centrarme. Será porque sempre estou nalgún extremo e o centro queda demasiado lonxe do lume ou do xeo.

Confeso que me poden máis os sentimentos que a razón e que sempre me negarei a crer que as emocións poden explicarse dun xeito científico.

Sei que tenho um gran sentido da ética aínda que os meus principios morais sexan de todo excepto comúns.

Admito amar o surrealismo e os artistas decadentes. As conversas creativas e todo aquilo que me faga decir burradas compulsivamente.

Som adicta ó café, ós cigarros, ós poemas tristes, ás pelis esperpénticas, ó sentido do humor marxinal e a calquera tipo de ser ó que lle ferva o sangue.

Adoro as rúas de pedra e as casas abandonadas. E declaro abertamente ter desexado formar parte delas.

Algunhas veces odio a xente e outras nom podo vivir sen ela.

Sinto fascinación polo Che Guevara e por García Lorca.

Tenho chegado a cuestionarme se pertenzo a este mundo.

Hai veces que me gustaría estar tola de verdade.

Gústame a palabra psicópata e esternocleidomastoideo.

Tenho fantasías eróticas coa voz de Robert Smith.

Creo que os cadros de El Bosco som a obra máis hipraxenial que xamais creou unha persoa.

Aranho as paredes e maullo sen ningún sentido melódico cando me sinto soa.

A roupa interior paréceme oprimente.

A única vez que me namorei foi dun Robot.

Cando vou a clases a vida paréceme aínda máis absurda.

Creo que a represión é a cousa máis horrible do mundo.


..........................................................................................................


Nom hai máis. Isto é todo o que precisas saber sobre min antes de decidir odiarme por ser infinitas veces máis imperfecta cá ti.




On January 15 2009 7 Views



Avatar piojoputrefacto

piojoputrefacto On 15/03/2009

Porcona:
1. Moi mal por non me ter respostado aínda!
2. Probablemente non vaia esta finde, case fixo que non, ou sexa que non contes comigo. É que de feito non, non podo ir, tenho que deixar de me facer ilusións pero é que non tenho cartos, ou sexa que até semana santa nada. Foches ao da bolsa???
Bikirmos


Avatar piojoputrefacto

piojoputrefacto On 11/03/2009

Mona foches ao coie ou algo a mira-lo da bolsa?? espero que si... se non foches hoxe vai manhá pero tes que ir, e en última instanza fai coma a nai dunha colega e chama ao Ministerio, cuxo teléfono é: 902 111 225.
Pero per favore fai algo!
Aínda non sei se podo ir en San Xosé pero bueno, espero saber dentro de pouco!
Biquirmos!
Quéro-te!


Avatar piojoputrefacto

piojoputrefacto On 02/03/2009

Kris tes que chamar ao ministerio para te informar do da bolsa, ou ao ministerio ou á secretaría da universidade.
E cando volte a santiago iremos estudar xuntas á pijoteca "corrución anal"!!!
No entanto trata de ir a clase e tomar apuntes! hoxe escríboche entón, cando remate de prepara-la exposición de Literatura Italiana! Kéroche.


Avatar miguelouro_92

miguelouro_92 On 02/03/2009

Porcerto mira o meu blog!! Adivina a quen llo dediquei facendo o parvo. je,je,je.


Avatar miguelouro_92

miguelouro_92 On 02/03/2009

Ola criiiiiiis!! Moi bonita a actualizacion. Bueno a verdade non a lin. je. Bueno ta outra.


Avatar piojoputrefacto

piojoputrefacto On 18/01/2009

bo! pero que tonterías dis pailana! que imperfeción nin que carallo! non hai xente perfecta, e co repugnante e insoportadora que son eu xa cho podes considerar bastante!
eu tamén che boto de menos, aínda que con tanto exame só tiven tempo para estudar, durmir ás veces, e queixarme polo inxusto da vida de estudiante desastroso que deixa todo para o último día! á fin podo ir, pero manhá! chegarei á noite, ou sexa que quedámoslle pasado! chámote ou mensáxoche ou algo ocaca? been! quérote porca!


Avatar faksardo

faksardo On 16/01/2009

tentarei ir para compos un día de estes... a ver se pode ser un venres ou un xoves, non sei.... ya avisarei, que teño xente que quere que faga unha visitiña :D





Loading ...