Ben, seguidores do egolog, tras varios meses na despensa da cociña hoxe decidinme por fin a deitar ao lixo este anaco de pan. Costoume inmenso esforzo, agora só me queda vaciar a pota do cuscus que vai para un més no frigo, un tarro aberto de mermelada que debe levar cinco polo menos, unhas cereixiñas e unhas fresas que tamén están palá, tereivos ao tanto cando volte a facer o happening.
Por suposto que hai máis elementos en estado de putrefacción ou fermentación nesta cociña de piso compartido, pero pertencen a outros coleccionistas do mesmo tipo de esquisiteces que a frecuentan ou frecuentaron, e sálveme deus de deitar ao lixo as súas pezas orixináis.
On May 23 2009
4 Views
tony_acouga
On 24/05/2009
si ho! iso xa o falaramos, non hai fallo!
aquí andamos pasando xa un calorasooo...