Avatar bng_cambados

A LUIS ARAGUNDE DOS EMIGRANTES SÓ LLE INTERESAN OS VOTOS.

Moitas persoas teñen problemas económicos e o están a pasar mal, neste momento de crise económica, tanto en Cambados como en outras partes do mundo. Pero un alcalde ten como obriga a atención aos cidadáns do seu concello, mentres que das axudas internacionais deberán encargarse outros organismos públicos e privados.
A día de hoxe é de dominio público que os alcaldes do PP desempeñan o papel de “ministros de asuntos exteriores” cando a contrapartida consiste en carrexar votos dos nosos emigrantes, e non é casualidade que elección tras elección cheguen sacos de votos, con nulas garantías democráticas, de onde anteriormente estiveron os políticos do PP repartindo cheques en “xantares de confraternidade”. Mentres, o que nos transmite o Presidente da Xunta é que quere que esta situación anómala permaneza polo menos ata as Eleccións Xerais do 2.012 cando, de haber vontade política, podería solucionarse moito antes.
Que non se mofe Luís Aragunde dos cambadeses e cambadesas, pois a función dun alcalde debe ser a de xestionar axeitadamente o seu concello e non consiste en viaxar a Arxentina, casualmente en masa con outros cargos do PP, para intercambiar axudas económicas por votos. Que non intente disfrazar unha mala maña política detrás das axudas aos emigrantes.
E se realmente houbera intención exclusivamente de axudar, non sería necesario levar os cartos na man do alcalde nin pagar xantares para centos de invitados e, incluso, a nivel persoal, pódese formar parte dunha ONG de axuda aos emigrantes, pero esa non é, está claro, a intención do PP.
E claro que nos interesan os cambadeses de diáspora, moito mais que Luis Aragunde que só lle interesan os seus votos. Politica rastrera.





On December 25 2009 87 Views






Loading ...