Avatar berto_sogeking

Os soños de Alberto parte 3

Meu pobre fotolog, xa o teño tan abandonado. Xa sei que aora foi suplantado polo tuenti pero aínda sigo entrando nel, aínda que xa vin que a última renovación tivo pouca aceptación.
Pero claro señoritas (e Lampiño), hoxe teño un tema moi bo do que falar. Nada máis e nada menos ca: Os meus soños again.


Comecemos.

Resulta que acabara eu de ensaiar a obra de teatro e íbame ir para a casa cando recibo un sms (aínda que poñía no móvil que era unha chamada perdida) de Bea dicindome que non podía ir á festa A Coruña (non sei que festa porque non tiña pensado ir a ningunha na actualidade pero continuemos) porque non lle deixaba súa nai asi que decidin ir ao Burgo das Nacións xunto ela porque non habia ninguén no meu piso porque se foron todos para Noia (e eso que Ramón actua comijo na obra). Vou cruzar un paso de peatóns que hai en Rosalía de Castro (estamos falando de Compostela) que che leva ao Campus Sur, cerca da facultade de Bioloxía e ao outro lado vexo un actor da serie Little Britain disfrazado de ruso, asi que cruzamos e eu dígolle "ola" en acento ruso e comeza a rirse.
Despois deso cruzo a esquina dun edificio e encóntrome en que non hai Campus Sur se non un lago moi grande con persoas ao redor, todas elas vestidas con vestidos blancos con encaixes, como si fora un paisaxe dun cuadro impresionista de principios do século XX ou finais do XIX. Asi que eu paseo por ese lago tan bonito, séntome na herba verde a ver a paisaxe, vexo uns patos e vou detrás deles a collelos porque eran moi bonitos pero sóltoos por si teñen a tiña... Sigo camiñando e vexo un grupo de músicos ambulantes tocando unha canción que coñecía e empezo a tarareala e soltame unha rapaza que pasaba por aí:
"Oes, coñeces esa canción?"
Eu respóndolle que si e pregúntame si é a canción dunha cidade do Final Fantasy IX e contestolle que si, que acertou. E a rapaza pídeme o meu Tuenti para agregarme o cal lle concedo encantado e voulle apuntar o meu nome nun papel, mentras tanto outra rapaza comentalle a esta que era mellor o Final Fantasy VII ou o VIII e a outra responde que é mellor o IX ou o X e mentras falan deso eu confundome e poño o meu nome mal, algo como Alberto Concepción e empezo a pintar todo o papel.
Despois disto unha rapaza disfrazada de Tarzán vennos a dicir que non lle podo dar o Tuenti a esa rapaza, que non se pode no Burgo pero eu respóndolle que non estamos no Burgo, que estamos nun lago, pero foi dicilo e transformarse o sitio no Burgo para a miña sorpresa.

E despertei.


Si, xa sei que non é dos mellores que tiven, pero tiveno que facía tempo que non tiña un bo soño.
Espero que vos gustara e vos alegrara o día, xa sabedes que eu penso destas cousas asi que non chamedes ao manicomio.

Bueno, nada máis, vou avisar no Tuenti que renovei porque si non nin Dios me comenta. Espero vervos aos da Coruña o xoves que ven e os que non podedes ide á obra en Noia o día 23 de Maio.
Pero está antes San Marcos que será unha gran festa.
Veña, deica outra




On April 15 2009 8 Views



Avatar ines__table

ines__table On 25/04/2009

Me encanta el detalle del ruso jajajajajajajajajajajajajajaja


Avatar o_rei_da_comedia

o_rei_da_comedia On 19/04/2009

jajajjaja moi bo moi bo. Pero tio, que coño pinta o Burgo das Nacións no Campus Sur¿?¿? bué da ijual, é un soño dos teus que máis se lle pode pedir xDDDDDDDD

Ah, moloume o cacho do Final Fantasy jejeje, por serto, a cansión de que cidade era?

Bué a putada é que esta ves sea tan corto o soño, pra a proxima espero que sea máis larjo eh jajaja.


Avatar setetres

setetres On 15/04/2009

Ayer soñé que tenía mellizos! Y que a uno le ponia Francisco y a la otra Cecilia, y que mi madre flipaba pero como los niños eran preciosos se quedaba toda extasiada mientras cogia al niño. Era taaaaan bonito que me dio mucha pena no tener ningun bebe jajaja!


Avatar somos_grunchs

somos_grunchs On 15/04/2009

Menudos soños que tes tio!!
O da peña vestida de blanco con encaixes debe ser porque fai nada foi a festa do encaixe de Camariñas e metestelo no soño. E a única parte a que se lle pode encotrar sentido.

Mil bikiños!!!





Loading ...