Veleiquí os camaradas
perdendo un batallad casa día
e gañando o futuro e o folgor
nos ollos e nas queixadas de metal.
X.L. Méndez Ferrín, A Manuel María
Nos loitadores de xofre e lume acedo,
nos difuntos endexamais vencidos,
nos que virán e son aínda lene bris e vos de melro
e portarán o ferro e darán a morte crara
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos ríos, nas folgas, nas romaxes,
nas protestas nos muros, nos escritos,
nas gaitas, nas areas de Espasante acaso
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos emigrados, nos perdidos, nos presos, nos esplotados,
nos que contemplan o devalar das augas
sen fín, nos que confían no meu partido (tuba de despertar
ou camiño que nunca se desanda),
nos que combaten e han de se-lo lóstrego
achaiador, neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos
e reclamo a libertade pró meu pobo.
e reclamo a libertade pró meu pobo.
X.L. Méndez Ferrín Reclamo a libertade pró meu pobo
Porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura áceda que me abrangue
ao ver tantos pantufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garavata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Celso emilio Ferreiro Deitado rente o mar
Lingua do pobo,
camada feita sílabas
en popular existencia colectiva
de avós mortos e nenos sete veces
nosos.
Eu quixera vivir pracidamente contigo
e non ter que defenderte,
e non ter que defenderte.
(Eu)
http://www.iscagz.org/a-vaca-o-noso-simbolo-contra-o-espanolismo-video-da-accion-de-isca/
On February 09 2009
17 Views
yadenis
On 10/02/2009
que duro el mensaje de la foto!.... fue una manifestación en santiago??
un besiñooo
galaeki
On 09/02/2009
Ese vídeo xa deveu da-la volta a todo o círculo de nacionalistas habidos e por haber no mundo; ten que saberse o que pasou, pero non é eso o q interesa ós medios (nin á xente de a pé, por desgraza).
Ánimo ós camaradas!