Bo día a tod@s!
Finalmente, o Tribunal Constitucional non foi quen de atopar razóns dabondo como para manter a ilegalización da candidatura de esquerdas Iniciativa Internacionalista - A Solidariedade entre os pobos, correxindo a sentenza aprobada polos pelos no Tribunal Supremo que respondía a unha clara persecución política impulsada por parte dos medios de sempre (COPE, ELMUNDO), os ministros de Interior e Xustiza e os partidos maioritarios (PP, P"SO"E e até o BNG, único partido de centro-esquerda que non denunciou a ilegalización).
Agora a facer campaña:)
Deixovos o artigo de Vieiros sobre tema,
unha aperta! Amaro
Xusto antes de se abrir a campaña electoral
O Constitucional deixa que Iniciativa Internacionalista concorra ás europeas
O alto tribunal rectificou a anulación da candidatura ditada polo Supremo, a instancias do goberno español.
* As primeiras sondaxes danlle 23 escanos a PSOE e PP, dous a Coalición por Europa e un a Europa dos Pobos-Verdes
Redacción - 08:00 22/05/2009
Tags: eleccións europeas Europeas2009 ilegalización Iniciativa Internacionalista recurso
A campaña electoral das eleccións á Eurocámara comezou na media noite desta quinta feira para a sexta, coincidindo coa aceptación, por parte do Tribunal Constitucional español, do recurso que presentou a coalición Iniciativa Internacionalista, contra a decisión tomada polo Tribunal Supremo, de ilegalizar a súa candidatura, a instancias da Fiscalía e da Avogacía do Estado.
Finalmente, a lista formada por independentes e militantes de Izquierda Castellana e Comuneros; a Frente Popular Galega -representada polo escritor e líder da formación, Xosé Luís Méndez Ferrín-; a Cucha Independentista Aragonesa; a Corrente Vermella; a Iniciativa Comunista; e a Loita Internacionalista, poderá concorrer aos comicios do vindeiro 7 de xuño.
O Constitucional aceptou o recurso de amparo presentado por esta coalición, dando por bos os argumentos de Iniciativa Internacionalista esgrimía no texto, entre os que había unha condena do uso da violencia para obter obxectivos políticos. O Supremo ilegalizara a candidatura desta coalición alegando que era "sucesora de Batasuna", o partido da esquerda independentista vasca ilegalizado en 2003. Membros da candidatura xa anunciaron a súa intención de querelarse por inxurias e calumnias contra os ministros de Interior e de Xustiza españois, Alfredo Pérez Rubalcaba e o ceense Francisco Caamaño Rodríguez, respectivamente.
Acto contra a ilegalización en Vigo
Esta quinta feira celebrouse un acto público no IES Santa Irene de Vigo, no que diversas organizacións políticas, sindicais e sociais, entre elas a propia Frente Popular Galega, amosaron o seu rexeitamento á ilegalización desta candidatura. Mesmo se dispoñibilizou un autobús que saía de Compostela para conseguir ter un grupo grande arredor do candidato galego desta listaxe, Xosé Luís Méndez Ferrín.
On May 22 2009
33 Views
foroantifa
On 07/09/2009
ANTIFASCISTAS SIEMPRE
Foro de debate
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
http://antinazis.mforos.com/
Te agregamos a F/F
leeydifunde
On 04/06/2009
Perdoa a tardanza, pero non teño internet e acabo de ler a mensaxe. Pois Nación Andaluza decidiu non entrar na candidatura, por diferentes motivos, despois de estar presente no proceso de creación de II-SP, considerando a abstención como a postura máis coherente que pode ter. Como entenderás se fai campaña pola abstención, non vai apoiar unha candidatura política, sexa cal sexa. Pero bo, aos/ás que votan.. ¡sorte! ;). Unha aperta internacionalista.
uhp_antifa
On 25/05/2009
weno, no dije ke ya no pudiera votar a I.I., sino ke ahora solo me kedaba la otra opción, Izquierda Anticapitalista. Pero no lo tengo nada claro, estoy convencido de que decidiré en el último momento en el colegio electoral...xD
Veo ke tú lo tienes claro, y ke por todo el Estado está despertando simpatías y convencimiento Iniaciativa Internacionalista y eso me alegra...
salud!
eununcasereiyo
On 24/05/2009
mmmm
vou escribir log de moito tempo nun espazo que me aburre tremendamente, mais a ocasión neste flog meréceo! :)
por fin te escribo!
un saúdo!