Concerto de Vetusta Morla en Vilagarcía, cruzar Galicia por ver por primeira vez a este pedazo de grupo. Despois dunha hora de descarga total de adrenalina, a brisa marina xunto o embarcadoiro fíxonos soñar á luz la lúa...
Deixándonos levar fomos parar a unha praia onde descansaba unha barquiña de madeira esquecida, abandoada, agardado a que o salitre e os golpes das olas rematasen con ela. Rozando a auga cás puntas dos pés fumamos un cigarro en silencio, observando á lúa e respirando a tranquilidade que só á beira do mar se pode sentir... Non apareceron carangexos alados, foi o que nos faltou para que a fantasía desa noite fose total...
Deixando atrás á costa, adentrámonos cara o corazón de Galicia, mentres no radio soaba Vetusta Morla...
Ó día seguinte espertamos, outro día no mundo.
Graciñas Javi e Elena x facer esa noite inolvidable, perfecta, máxica...
Quérovos!!!!!
On June 17 2009
3 Views