15 MAIO 2010 AN INSTANT PARTY
felices morreriamos e cunha débeda de agradecemento que nunca poderemos pagar.
A festa comenzou cedo cun ambiente futbolístico que facía do casco vello un fervedoiro que intimidaba a mais dunha.
As 20:00 horas comenzou a festa no Bar a Pegamoura cos mais cumpridores cubrindo os ocos daqueles insensibles futboleiros que sufriamos na bancada do Fondo Norte do novo Pasaron e animando o equipo da nosa vida contra o Real Oviedo. O Pontevedra gañou 2- 1 e co sorriso nos beizos de manter a ilusión unha semana mais, chegamos a Pegamoura, unhas cañas rápidas e xa para o concerto dos Chavales na Sala Karma.
Non me lembro dun concerto no que o pasara tan ben en moitísimo tempo. O deste grupo e admirable, bos músicos, excelente persoas e unha actitude de 10¡. Dous detalles: fixeron para a ocasión unha versión en galego do himno dos Small Faces “All or nothing” e trouxeron a un amigo para que saíra coa súa gaita para interpretar o “Lamento de gaitas” dos Archiduques. Dos minutos e mais de cen kilometros (moitisimas grazas ó gaiteiro). Aquí lembreime de Adhaly que non estaba con nós.
E SI estaban 90 persoas (¡¡) que na súa meirande parte bailaron, e gozaron cun concerto dun grupo cun ano de vida e sen nada no mercado. Agardo que cos seu primeiro Ep xa na rúa, este rapaces teñan o que merecen, un recoñecemento ó facer as cousas dun xeito a que non somos alleos. Coa paixón dos fans.
QUEREMEVOS CHAVALES
E coa felicidade con que nosa agasallaron fomos ó Clan Cabaret, e alí petamos o local toda a noite. Ata preto das 6 da maña os pinchas foron Marcos Sonseca, Sergio e Lolo e fixeron MAXIA. ¿Por que de que outro xeito poderiamos ver a tanta xente, tanto tempo, tan contenta? . Vale que as mulleres tan guapas que coñecin, a bebida barata e un local pequeño axuda, pero que as 3 da maña quedemos sen unha agulla e ninguén proteste é máxico.
Persoalmente unha festa na que divertinme e vin a moito xente compartindo o con nós, e iso é o que mais ledo me pon. Saber que non estas solo.
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS.
On May 18 2010
78 Views